Licenciada en Economía, con estudos en Socioloxía. Promotora de aopaso. Experta en metodoloxías participativas e facilitación para a promoción do autoemprego desde a óptica da economía solidaria, economía feminista e as finanzas alternativas. Tamén é regueifeira, empregando este recurso na súa profesión.
Na actualidade, forma parte da equipa de coordinación de REAS Galicia e da xunta directiva de AIS O Peto e socia de Fiare Banca Ética. Foi socia promotora de Cestola S. Coop. Galega, na que traballou 8 anos, e continúa sendo socia colaboradora. Posúe experiencia profesional no ámbito de formación e facilitación no campo do autoemprego cooperativo, orientación laboral, avaliación de impacto de proxectos sociais (cooperación internacional e educación transformadora). Ten unha traxectoria profesional de máis de 15 anos no campo da promoción da economía social e solidaria e a consultoría social para ONGD, ademais de ser formadora en economía, autoemprego cooperativo, finanzas éticas e emprendemento.